Ir o contido principal

A INDUSTRIA 4.0 EN GALICIA

A INDUSTRIA 4.0 EN GALICIA

A INDUSTRIA 4.0 EN GALICIA

A Industria 4.0 é o resultado dunha cuarta revolución industrial: o proceso de dixitalización que se fai a través da incorporación das novas tecnoloxías ás empresas. Transfórmanse as dinámicas de funcionamento das empresas para mellorar a súa produtividade e eficiencia, intervindo tanto nos seus procedementos de xestión como nos propios produtos e servizos que ofrecen.

Co obxectivo de seguir afondando no compromiso de xerar un novo tecido empresarial máis competitivo nunha economía global e conectada actualízase a Axenda Industria 4.0. A Xunta de Galicia, cun novo plan de impulso á trasformación dixital, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, destina 350 millóns de euros no período 2019-2022 para o desenvolvemento de programas de axudas e subvencións que impulsen esta transformación.

As previsións da Consellería son contribuír, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), fundamentalmente, á creación de preto de 13.500 empregos industriais e á mobilización de 900 millóns de euros.

Este investimento dá continuidade á primeira fase da Axenda Industria 4.0, que entre os anos 2015 e 2018 apoiou a 8.925 empresas, permitindo a creación de 14.500 novos empregos industriais e a mobilización público-privada de máis de 900 millóns de euros en Galicia.

Do total dos investimentos realizados, un 60% centráronse en medidas específicas da fábrica 4.0, unha porcentaxe que se prevé incrementar nesta nova etapa.

Grazas ao Observatorio Galicia Industria 4.0 podes atopar nun punto único toda a información relevante dos actores do ecosistema de innovación e de desenvolvemento tecnolóxico en Galicia. O obxectivo é que sexa un lugar de encontro onde amosar resultados e casos de éxito, analizar as tendencias que marcan as liñas a seguir e dar conta dos programas de apoio, información de utilidade e respostas ás consultas das empresas que queiran evolucionar cara ao 4.0.

Ti podes formar parte da Industria 4.0.

GALERÍA