Ir o contido principal

ESTUDOS E INFORMES

ESTUDOS E INFORMES

PRESENTACIÓN PLAN BIENAL 2019-22

Na presentación Axenda Industria 4.0 - Novo Plan 2019-2022 trátase o re-impulso á dixitalización, o plan de impulso á transformación dixital, os obxectivos ou as áreas de acción, entre outros.

INFORME DE OPORTUNIDADES INDUSTRIA 4.0

Este estudo ten como obxectivo fundamental a realización dun diagnóstico do nivel tecnolóxico actual nos dez sectores industriais considerados como estratéxicos en Galicia. Ademais, desde aquí podes acceder de xeito individualizado aos informes sectoriais.

AXENDA DA COMPETITIVIDADE GALICIA INDUSTRIA 4.0

A Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 xorde no contexto dun conxunto de instrumentos de planificación existentes na Unión Europea e no Goberno estatal que conforman un marco para o seu desenvolvemento.

ESTRATEXIA LOXÍSTICA DE GALICIA

A Estratexia Integral de Optimización Loxística de Galicia - EIOLG é un elemento fundamental da competitividade territorial de Galicia dos próximos anos. Unha planificación loxística para un territorio debe ter un carácter integral que optimice todos os procesos que desenvolven os axentes clave.