ESTRATEXIA INTEGRAL DE OPTIMIZACIÓN LOXÍSTICA (EIOLOG)
Esta iniciativa, enmarcada na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, ten como obxectivo impulsar a mellora loxística tanto do propio sector de transporte e distribución de mercadorías coma dos xestores de infraestruturas. A Xunta de Galicia pon en marcha tres grandes medidas para acadar este fin:
- Desenvolvemento de catro centros de apoio ao transporte por estrada, un en cada provincia, que prestan servizos 24 horas e benefician a 5.000 empresas.
- Proxecto piloto de creación dunha xanela única para a realización dos trámites aduaneiros nos portos galegos.
- Plataforma dixital de co-carga onde as empresas poderán comunicar de xeito sinxelo as súas necesidades de transporte e recibir inmediatamente as mellores ofertas, facilitándose ás compañías axilizar os prazos de contratación de servizos loxísticos.
Esta estratexia contempla un amplo grao de colaboración público-privada a través do Clúster da Función Loxística de Galicia e de grandes empresas do sector loxístico galego. A execución da Eiolog comezou coa posta en marcha do proxecto Co-Logistics, impulsado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra, que busca potenciar a presenza exterior das empresas de Galicia e norte de Portugal.
O SECTOR GALEGO DA LOXÍSTICA EN CIFRAS
50.000
EMPREGOS
4%
DO PIB
12.000