Ir o contido principal

INICIATIVAS DE ACELERACIÓN OU BUSINESS FACTORIES

INICIATIVAS DE ACELERACIÓN OU BUSINESS FACTORIES

Estas iniciativas nacen coa misión de acelerar e consolidar novas empresas que aporten solucións innovadoras ao mercado, consolidar o tecido empresarial e industrial do sector galego e atraer talento nacional e internacional.

Con este fin, a Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), da Sociedade Xestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado (XesGalicia) e da Axencia Galega de Innovación (Gain), crea tres business factories nas tres áreas nas que as empresas galegas son máis potentes na actualidade: o sector aeroespacial e aeronáutico (Business Factory Aero), o sector da automoción (Business Factory Autoe o sector alimentario (Business Factory Food).

Nestes tres eidos ofrécese un dobre sistema para aquelas empresas que presenten proxectos innovadores. Incubación ou aceleración mediante un programa de apoio integral enfocado a iniciativas emprendedoras, e consolidación a través de formación e mentorización, para que as empresas participantes consigan establecerse no mercado.

SISTEMA PARA PROXECTOS INNOVADORES

INCUBACIÓN

ACELERACIÓN

CONSOLIDACIÓN

GALERÍA