Ir o contido principal

HUBS DE INNOVACIÓN DIXITAL

HUBS DE INNOVACIÓN DIXITAL EN MARCHA

HUBS DE INNOVACIÓN DIXITAL

Os Hubs de Innovación Dixital son o punto de encontro entre a empresa, a investigación e o financiamento ao redor de ámbitos estratéxicos para Galicia: Industria 4.0, Aeronáutica e Bioeconomía

A Xunta de Galicia crea estes hubs co fin de dinamizar a innovación e facilitar o achegamento á financiación e á formación: actúan como espazo único de acceso aos servizos de apoio a innovación, integrando as instalacións e servizos que as empresas necesitan para levar a cabo proxectos de I+D+i. Ademais, grazas á creación deste espazo colaborativo, foméntase a creación de vínculos entre empresas a nivel galego, nacional e internacional.

Nos hubs todos se benefician: as empresas provedoras de innovación poden madurar as súas tecnoloxías e ampliar as súas aplicacións, abrindo novos mercados; as pemes obteñen apoio para levar ao mercado novos produtos e servizos competitivos, tendo acceso a novas tecnoloxías que melloran a súa competitividade; e os centros de competencias estenden as súas actividades a proxectos industriais, abrindo modelos de negocio sostibles.

OS HUBS DE INNOVACIÓN DIXITAL EN CIFRAS

4.200

EMPRESAS

120.000

EMPREGOS

30M€

APOIOS PÚBLICOS

GALERÍA