Ir o contido principal

FINANCIAMENTO E INCENTIVOS

FINANCIAMENTO E INCENTIVOS

AXUDAS Á OPTIMIZACIÓN ENERXÉTICA

Para aforrar na túa factura enerxética, optimizar os teus procesos de produción e xestionar mellor o consumo da túa empresa, o Instituto Galego de Enerxía (INEGA) ofrece Axudas á Optimización Enerxética para que a modernización das túas instalacións supoña un aforro de ata un 20% na túa factura.

PROGRAMA DE ABARATAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL

Se queres instalar a túa fábrica en Galicia, sexas empresario galego ou de fóra, podes beneficiarte de axudas para a compra de solo industrial na comunidade.

OBRADOIROS DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0

A Xunta de Galicia financia ao 100% os obradoiros sobre Industria 4.0 nos que, como empresa, podes acceder a formacións especializadas para a dixitalización.

AXUDAS DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0

O Clúster TIC e a Xunta de Galicia crean as Axudas á Dixitalización Industria 4.0 para impulsar proxectos colaborativos que fomenten a interoperabilidade entre empresas e proxectos individuais que busquen a conectividade con outras industrias.

PAQUETE DE APOIOS FINANCIEIROS A PROXECTOS DE INVESTIMENTO INDUSTRIA 4.0

Nace para fortalecer as estruturas de capital das empresas galegas. A Xunta de Galicia mobiliza con este programa 100 millóns de euros mediante avais e préstamos cos que se impulsarán o crecemento e a capitalización das industrias.

PAQUETE DE APOIOS FINANCIEROS A PROYECTOS DE EMPRENDIMENTO INDUSTRIA 4.0

Nacido co obxectivo de impulsar a creación de empresas en Galicia, este programa axudará a case 2.000 emprendedores, pemes e micropemes, a través de instrumentos como poden ser os avais ou os préstamos.

PAQUETE INTEGRAL DE APOIO FINANCIEIRO Á INTERNACIONALIZACIÓN

A Xunta de Galicia crea este paquete co fin de que as empresas galegas sexan máis competitivas nos mercados internacionais impulsando plans de exportación ou facilitando o acceso a consultorías.

PREMIOS E AXUDAS AOS PROXECTOS AGRUPADOS DA INDUSTRIA 4.0

A Xunta de Galicia mobilizará 10 millóns de euros a través de premios entregados aos clústeres ou asociacións sectoriais para que actúen como locomotoras da innovación.

INDUSTRIAS DO FUTURO 4.0 – FÁBRICA INTELIXENTE

O obxectivo deste programa é o de impulsar grandes proxectos empresariais de I+D+i aliñados coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da Industria 4.0.

CONECTA PEME

Este programa ten o obxectivo de fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do sistema galego de innovación, como poden ser os organismos de investigación.

UNIDADES MIXTAS DE INVESTIGACIÓN

Ofrécense axudas para a creación de grupos de traballo mixtos formados por empresas privadas e organismos públicos de investigación centrados nas grandes áreas estratéxicas da economía galega.

CORONAVIRUS EN GALICIA

Plataforma da Xunta sobre a actividade económica e laboral en Galicia na actual situación en relación co coronavirus, con especial atención aos diferentes programas de axudas aprobados e as medidas en materia de emprego e seguridade e saúde laboral