
CENTRO DE FABRICACIÓN AVANZADA
PROGRAMA CENTRO DE FABRICACIÓN AVANZADA
O obxectivo do programa é dispor de infraestruturas de uso compartido que presten un servizo novidoso ao tecido industrial galego.
Nesta definición caben moi diversas variedades de instalacións: centros de prototipado e fabricación de series curtas, centros loxísticos ou procesos industriais especializados, entre outros.
Os Centros de Fabricación Avanzada nacen como espazos de uso aberto onde agrupacións de empresas con necesidades comúns comparten recursos. A Xunta de Galicia apoia con ata o 80% do investimento a creación de centros con infraestruturas e equipamentos aos que as empresas non poderían acceder de forma individual.