Ir o contido principal

MANUFACTUR4.0: Aplicacións talento 4.0. Control dimensional sen contacto

talento

15 Xul - 13:00

MANUFACTUR4.0: Aplicacións talento 4.0. Control dimensional sen contacto

MANUFACTUR4.0: Aplicacións talento 4.0

A Axencia Galega de Innovación (Gain) e o consorcio do proxecto Manufactur 4.0 organizan a xornada de Aplicacións Talento 4.0 que se celebrará no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol o día 15 de xullo de 2020.

Esta xornada tratará sobre a Tecnoloxía de Control Dimensional sen Contacto.

Obxectivos:

O proxecto Manufactur 4.0, liderado por Gain e encadrado no PROGRAMA EP-INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP), ten como obxectivo a transferencia de maneira efectiva á industria do sector naval-metalmecánico de novas tecnoloxías de fabricación avanzada e baixo custo.

Para calquera dúbida podedes contactar no teléfono 981 337 181 ou no enderezo de correo electrónico centros.gain@xunta.gal