OS BOOTCAMP
A chegada da cuarta revolución industrial, a transformación dixital das empresas e, en definitiva, a achegada da Industria 4.0, transforman tamén o panorama laboral. Actualmente, é necesaria unha educación adaptada á era dixital para sermos competitivos a nivel laboral nun futuro. Por isto, xa son moitas as escolas, institutos ou universidades que tratan de ensinar aos alumnos e alumnas a desenvolverse nunha contorna totalmente dixitalizada. Pero, que ocorre cos adultos que queren adaptarse á era dixital?
Con este fin nace a figura do bootcamp, cursos enfocados a desenvolverse en diferentes disciplinas dixitáis: deseño web, big data, programación... Nun país no que cada vez se demandan máis perfís TIC, esta iniciativa perfílase como unha solución moi innovadora.
Os bootcamps son cursos moi especializados de 10 a 24 semanas nos que os alumnos adquiren competencias nun determinado ámbito tecnolóxico. Existen cursos desde iniciación ata perfeccionamento, satisfacendo a demanda de diferentes tipos de estudantes.
Coa dixitalización das industrias, Galicia tamén require estes perfís, e así nacen varias academias que imparten formacións TIC. Son as propias empresas as que demandan estes servizos, pois precisan traballadores especializados e “actualizados”. Os centros de formación nos que se imparten estes cursos están en contacto continuo coas empresas que demandan os perfís formativos, polo que moitos dos alumnos terán acceso a un posto de traballo relacionado co curso ao finalizalo.
Moitos galegos e galegas xa son especialistas en disciplinas dixitáis, e ti, participarías nun bootcamp? Accede aquí para máis información.