Ir o contido principal

A INDUSTRIA 4.0 NO SECTOR AGROALIMENTARIO GALEGO

Laboratorio

A INDUSTRIA 4.0 NO SECTOR AGROALIMENTARIO GALEGO

Programas como Agrobiotech, da Xunta de Galicia, incentivan estas transformacións co fin de converter ao agroalimentario galego nun sector punteiro

Na actualidade, os consumidores marcan as tendencias de produción no sector da agroalimentación: valórase a frescura do produto, o beneficio dos alimentos na saúde e incluso o impacto ecolóxico da produción. Como consecuencia, as industrias deste sector vense obrigadas a dixitalizar os seus procesos e aplicar solucións tecnolóxicas aos problemas que van xurdindo.

Nace así o concepto de “agribusiness”, unha nova maneira de entender a relación entre a produción agrícola e a tecnoloxía. A innovación é a clave para facer avanzar os procesos produtivos e axustalos ás demandas do público o máis rápido posible. Ademais, a tecnoloxía pode contribuír a modificalos para facelos máis sostibles, característica que o público demanda cada vez máis.

A formación continua e especializada é un aspecto esencial para que a transformación das industrias cara o 4.0 sexa efectiva, pois están a xurdir novos sistemas e novos roles dentro das empresas que precisan dunha correcta especialización do persoal.

Programas como Agrobiotech, da Xunta de Galicia, incentivan estas transformacións co fin de converter ao agroalimentario galego nun sector punteiro en España gracias a itinerarios adaptados a cada empresa participante. 

Accede a máis información aquí.

Últimas tendencias

O 5G traerá grandes cambios para a Industria 4.0 e acelerará os procesos de produción, diminuíndo os erros e mellorando os tempos de fabricación e de resposta ao cliente
Os bootcamps son cursos moi especializados de 10 a 24 semanas nos que os alumnos adquiren competencias nun determinado ámbito tecnolóxico
Galicia vaise perfilando como unha das locomotoras que axudarán ao resto de España a implantar a dixitalización de xeito efectivo
Programas como Agrobiotech, da Xunta de Galicia, incentivan estas transformacións co fin de converter ao agroalimentario galego nun sector punteiro