Ir o contido principal

INDUSTRIA 4.0 EN GALICIA

Industria

INDUSTRIA 4.0 EN GALICIA

Galicia vaise perfilando como unha das locomotoras que axudarán ao resto de España a implantar a dixitalización de xeito efectivo

A cuarta revolución industrial está a transformar os procesos de produción en España, e Galicia é unha das comunidades que mellor está adaptando a súa industria a esta nova paisaxe económica. O vehículo que está cambiando as nosas empresas é a tecnoloxía, grazas á aplicación do Big data, o Internet das cousas (Internet of things), os drons, a intelixencia artificial... A Industria 4.0 nace desta dixitalización, consolidando unha automatización de procesos que leva a unha maior e máis efectiva produtividade.

A Industria 4.0 non só automatiza e simplifica os procesos de produción, senón que tamén manexa a información en tempo real e pode axustar os seus procesos á demanda con máis efectividade. Pero a aplicación das novas tecnoloxías á industria é un proceso que leva tempo e que precisa dun apoio constante das institucións e dos propios empresarios. España é un dos países da Unión Europea que mellor está aplicando esta transformación mediante plans económicos que impulsan a consolidación da Industria 4.0, tanto nacionais como autonómicos

Empresas de sectores tan importantes en Galicia como o téxtil, o agroalimentario ou o aeronáutico, entre outros, están consolidándose como Industrias 4.0 gracias a programas de aceleración da dixitalización das empresas promovidos pola Xunta de Galicia. Aínda queda moito camiño por percorrer para que a totalidade das industrias sexan 4.0, pero polo momento Galicia vaise perfilando como unha das locomotoras que axudarán ao resto de España a implantar estes sistemas dixitais de xeito efectivo. 

Accede a máis información aquí.

 

Últimas tendencias

O 5G traerá grandes cambios para a Industria 4.0 e acelerará os procesos de produción, diminuíndo os erros e mellorando os tempos de fabricación e de resposta ao cliente
Os bootcamps son cursos moi especializados de 10 a 24 semanas nos que os alumnos adquiren competencias nun determinado ámbito tecnolóxico
Galicia vaise perfilando como unha das locomotoras que axudarán ao resto de España a implantar a dixitalización de xeito efectivo
Programas como Agrobiotech, da Xunta de Galicia, incentivan estas transformacións co fin de converter ao agroalimentario galego nun sector punteiro