05 Lun
Un cento de empresas galegas ofrece material de protección fronte ao COVID-19 a través da plataforma online Marketplace activada pola Xunta
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, indicou que un cento de empresas galegas ofrece material de protección fronte ao coronavirus no Marketplace, plataforma online que se enmarca dentro do Comité de fabricación impulsado pola Xunta para xestionar a oferta e a demanda de subministración de equipamentos.
Na plataforma Marketplace os provedores e sector público rexistran as necesidades concretas dun determinado tipo de material e a oferta que hai del. Ata o de agora hai recollidas máis de 170 ofertas de 117 empresas diferentes.
Conde concluíu recoñecendo que esta pandemia esixe novos protocolos de prevención sanitaria e, con eles, medios de protección adecuados. E, nese sentido, resaltou que Galicia está demostrando que ten capacidade para aprovisionarse grazas ao saber facer da industria galega e ao compromiso de todo o tecido empresarial.